No entanto, ninguén lle tusía. Nin o pai, nin Abel. Pola contra, ela rebentaba de vez, unhas cara si mesma, encolléndose coma unha porca espiño sen contorna, outras, no bater da vasoira sobre o meu lombo. Acudíanlle entón con agarimos e, o pai, ás veces, recorría á miña compaixón, para despois esquencerse de min o irmán, e o pai. Cando se lles volvía a miña presenza, devolvíanma coma vitimario, o primeiro, verdugo, o segundo.
Unha mordida convertíase nun coitelo e o varredor nun escudo, e a miña derme na cadeira onde axeonllarse. Pero pouco me importaba, atrás de non comprender o equilibrio que o meu mal mantiña sobre o alleo. Breábame entón por non me ter duchado cando a nai o decidía, botábame unha couce, por ter o cuarto desordenado, atizábame, por contestar e chamala sobre tódalas cousas puta, zoscábame por non saber onde estaba o Abel, mallaba en min, porque podía dicir o digo eu, e, zoupábame porque non me gustaban os garavanzos...
Logo, na rúa, camiñaba como se tal cousa, ollando a xente dende lonxe, agochada nunha cunca de tartaruga enchida de maternal veriño propio.
Bos amenceres, Recibe