Mr. President, o señor Habichuela (vaian por diante as miñas desculpas, é o que teñen os meus modos de mala literatura), segue co seu vai facendo que fai, que é o que mellor se lle da a equipa de goberno deste encoro da Hispania nosa.
-E a que me refiro, cando falo así...?
Disque o Mr., xa ten un plan para este curso, un novo golpe de efecto deses ao estilo dun pretendente aos Mandriles, como co de prohibir sen prohibir fumar os pitos na rúa, ou como aquelo de negociar un futuro de centos de postos de traballo con Pemex e Alcoa,...
O primeiro que fixo foi pasarlle o marrón a Moncloa, non vaia ser que nos esvare das mans e non poidamos botarlle a culpa... Logo, o Mester, vennos informando de que se vai baixar a ratio de nenos e nenas nas escolas...
-Vintecinco por aula, parece...
E eu que non teño nenez ao meu redor, cuestiónome se vintecinco é un número máxico... E é que alguén me chivou que ese xa é o ratio existente...
-Ai, si...! -facéndome a sorprendida...
E está o dos douscentos corenta, ou así, mestres... Non che sei, igual son os que precisábamos antes, e igual, nin sequera chegan...
Porque de moitos e moitas é sabido, que ao Mr. lle gusta avanzar un e contar tres, como cando se di que no SERGAS non hai eventuais, e logo cando teñen que facer exame en Silleda, falta xente nos centros de saúde... Tamén cando introducen a dispositivos concertados nas bases de datos de Saúde (enténdese IANUS) ou nas de Políticas Sociais, contando aos especialistas destes como propios...
Se ninguén me corrixe o dato, entendo que nesta altura o único cambio real, depende, ao fin, das familias, e do propio alumnado:
-Ter cartos para máscaras e aguantalas oito horas seguidas...
Moralexa: O que mellor fai, Mr. Habemus, é trampa.
Bos días nos dea deus (o da bisavoa, que a miña avoa non che era de moita misa) Galizia, e, como non, aghuanta miña filliña...