Baixo a matogueira hai unha chea de bichos. Os máis deles camiñan, voan ou reptan onde teñen aprendido.
A Matilda, sen embargo, era unha eiruga dunha pel distinta. Afeita a cicatrizar sen apósitos e a escoitar o zunido dos mosquitos. A Mati acostumaba a velos flotar ao seu redor.
E isto corroíalle a carne e taponáballe o estigma.