XXIII

 A Dolores quitou o aparato do oído e meteuse na cama. Pero esqueceu  o medallón no pescozo, polo que lle pitou á da Cuz Vermella  que chamou aos fillos e a veciña. Ao non dar con eles avisou á garda civil. 

Os dous homes entraron pola fiestra cando pasaban trece minutos das sete. Metéronse no cuarto e sacudiron  á vella suavemente. Ela abriu os ollos, ergueuse de vagar e logo de por o audífono, escoitounos tranquilamente para lles responder:

Alguén quere almorzar?