XXII

 A Albina nunca falaba dos seus mortos. Agás no tempo en que lle pediu a deus morrer. Era cando suplicaba marchar co homiño do seu corazón, Xerardo, o seu neto.