A lamprea e o lucecú

E, por onde andas que non te vexo?

Fuxido da xente

E logo?

Que facer festa na Nocturnia non é san

Nin xantar a carne propia

Xasús!  Tes mal día, non?

Como todos...

Pero, que pasou?

Non o ves? Son un calcetín con dentes de trapo, que na contra de dar medo, métenme no cazo!

E eu, unha lanterna que non ilumina un cuarto

Cambiamos?

E concedéronllelo. E en menos dun minuto, ao peixe saíulle un lámpada nun extremo e o verme botouse a nadar. 

Claro que a ledicia duroulles pouco. Comezaron a alumear tanto que ámbolos dous non tardaron en acabar na tixola. O lucecú na barriga dunha troita, a lamprea na cociña do Barroso.