Dende o alto do Furriolo, Carme ve o Anpián saíndo cara Ourense. Na gorxa leva a Antón que espera no porto de Vigo a que lle revisen os papeis para logo tirarlle do dedo e marcalo neles. A muller esqueceu o xantar na mesa, o gado no campo, o son das campás, a luz da noite e o día do señor. Mentres o mozo vomitaba o seu na popa de Bos Aires con tal forza que sentía como se lle arrincaban as amígdalas.
Ela non dubidou do mal fado terse namorado de quen respiraba na dirección do océano. El con monstros que o tragarían antes de chegar a América. E tal foi, mentres a Carme se consumía co vento que aterraba na eira.