Os tres monicreques están a berrar no salón. O barullo engánchaos tralo moneco de trapo de cabelos crechos e sorriso de xeo. A avoa non tiña paciencia e non tardou en chegar ao cuarto e darlle no cu a ámbolos dous.
Logo duns vinte minutos de silencio, pasou por riba das súas cabezas unha abelaíña correndo cara a lámpada. Tardaron pouco en voar cara ela e o pequecho, cunha almofada comezou a bater no ar na dirección do insecto.
A vella horrorizada berroulles, deixade a bolboreta!
E a velairiña deixouse caer no ombreiro da muller, para morrer pouco despois.
Boas París...