Respirábamos sobre a súa cara, un detrás do outro, mentres uliamos o alento do seu cadáver. Agás Nela, que preferiu aproveitar os seus zapatos e agradecerllos cun bico. Entón, no intre entre os tres dous foise a cravar un coitelo: Deus! Que pasou! A miña perna.Como é que fixeches? Nada, carallo! Cala e vai por algo para a ferida! E ti? Quedo con ela
A calor facíalle baixar aínda máis a súa tensión e achegarse a cociña prendida era un inferno, pero peor foi regresar e aguantar a mirada de Paulo: Non tes presa, non? Xa, xa! Que tal estás? Ben, trouxeches auga? Pois non...
Os pasos cara atrás foron inversamente proporcionais ó desexo de desaparecer e deixar a ámbolos dous a súa sorte. Sobre todo a Xerardo que a cada momento ínchábame máis os collóns: Fagamos o cálculo. Vai ben? Si, continuade. Si o que viñemos facer xa está feito, deberíamos cobrarllo? Non. Poida, pero e o demais, os gastos que adiantamos, a viaxe? Non sei, non quero meterme en líos. Dis ti... Viñeches matar a un home e agora falas de que non queres meterte en líos... Vale, eu sei do que falo. Sabes, sabes. Que carallo! Como vas? Vou, arranxade dunha vez. Escoitade! 
O pequerrecho encurvouse ata que o comeu a cama: Un can! Vaia perda de tempo, dóiche? Un pouco. Seica poderiamos ter algo. O que, o animal? Será de alguén, non? Do morto! Non, se foxe del estaría o seu lado, non pensades. Entón, de quen?  É do asasino. Veña, o, é como o sabes. Podía ser. E,  para que o queres? Imos falar con el. Con quen? Con quen o matou. Ti, estás tolo!

Antes imos coller unhas cousiñas. Que fas? E logo sóbrache? Esta rapaza! Apura, veña!

Viaxou a 14.ª Edición dos Relatos de Verán das Páxinas Literarias da Voz, 2013