IN/CAPA-CIDADE

5 de agosto de 1933. O presidente da República ten a ben informarnos a través da Gaceta de Madrid no seu núm. 217, que as Cortes decretaron e sancionaron a súa  lei de Seguridade Cidadán, definindo no seu artigo segundo que poderían ser declarados en estado perigoso e sometidos ás medidas de seguridade da presente lei, entre outros os vagos habituais, os mendigos profesionais (...) e no seu punto sexto, os ebrios e toxicómanos habituais.

              Modificada o 14 de xullo de 1954, disque sustituída pola lei de 4 de agosto de 1970 de 
           Perigosidade e Rehabilitación Social e, talvez actualizada, so talvez por si "ascaso" alguén 
puidese sentirse ofendido xudicialmente,  nas leis Corcuera e  Mordaza.

Sorpréndome no día de hoxe, na deriva do artigo cuarto no capítulo II, que explica como medida de seguridade no seu punto terceiro o illamento curativo en casas de Templanza por tempo indeterminado.


Pois iso... Boas noites, Estado de Ben-Estar

2 comentarios:

  1. A capacidade do ser humano, nas diferentes facetas do mental e do espiritual, é sorprendente. A reflexión é pertinente e o abraio o esperado. Saúde.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, como sempre, polo teu agarimoso comentario.
      Moitísima saúde biosocial.

      Eliminar

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena