Disfos de Composilea

Colócase no medio, entre a estratexia e o desengano dunha aldea afeita a que a chamen cidade. Controlada durante décadas polos que terminando as súas licencias non queren retornar aos seus empregos. Que empregables son os currícula para acomodos varios.

A Disfos de Composilea chegaron as Cadelas, segundo entendín, vai uns vinte e poucos anos. Nun principio, os e as composileáns, aproveitaban calquera encontro cun coñecido para opinar sobre os estraños que se afincaran nos predios do rural norte e oeste do municipio. Houbo quen alentou a idea de que tornarían en industria, os moitos almacéns que arrodeaban a urbe... Noutrora en mans de primates do negocio coma os gandeiros, emigrantes na Suiza,... e de algún que outro basco importador de augas baixas en calizas,...

Pero volvendo ao relato, a dita proxección empresarial marmuraban, aumentaría o produto interior bruto do concello e a súa vez, a renda per cápita dos que, ate entón, alí viviran. Máis diso, produciríase a revalorización do territorio, redución da desocupación (laboral e das outras), i máis de na educación, mellora das comunicacións, implementación de servizos de alta capacidade tecnolóxica... todo, co obxecto de incrementa-la calidade de vida da poboación, avellentada irremediabelmente, e, dos seus animais domésticos.

Imaxinas ben, si antes de que eu o transcriba, conclúes que nada disto sucedeu e que, pola contra, as verbas viraron envelenadas cara aqueles que decidiron transmuta-las regras da conciencia popular e daqueles que a gobernaban. Mais erras, se o teu pensamento deriva nunha complexa interpretación política, conformada froidianamente, como non, pola deriva orgüeliana do teu deseño particular dun mundo feliz. E que, aínda que de vez se esqueza, a bipolar conmutación irresistíbel a consecuencia da chegada duns novos veciños a un lugar, non é novidosa, por máis que as diversas vitimoloxías  históricas empracen aos pobos a apuñalarse, in aeternum, entre eles.

Nos días que nos quedan, vívidos ou non,  se che parece, ou lle, como mellor queira, compartirei, neste oco temporovirtual, por un dicir, a deconstrución do rueiro dun territorio, que trouxeron o sangue da sospeita e, a mutua carraxe marxinal dos que alí, aínda hoxe, malconviven.

Mentres tanto, boas (mu)danzas