Espertares

Podes imaxinar,  as almas dos nosos avós 
 decidindo  sobre o podrecer dos seus corpos?

Podes imaxinar, un  xesto de  tal  xenerosidade
que,  cos seus restos fagan que floreza 
un pensamento que libere a terra?

Podes entender que eu non queira ser flor, 
senón esterco? 

*En tempos de mortaldades e divorcios,
 aos nacionalismos-de-ben

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena