A in-existencia


Sorprendida nun aquí e agora, mordo a miña lingua:

-Vaia, xa non receitan alprazolam

Agora:  haberá que mercalas a un euro na praza de Cervantes.
Aquí:  vai ser que a recortada quedou sen cartuchos.

-Vaia, igual o taxista que me leva ao bancodopobre non pode responder a miña tarifa

Cando me miran, non ven. Cando miro, vexo: homes e mulleres envolvidas en merda. A mesma do almorzodesnudo ou do ensaiodacegueira. A mesma que fai podrecer as miñas verbas no paseo pola vida dos demais. Supós, e supós ben, aborrezo o espello no que se miran e por riba, cando se trata de min, o reflexo convértese nunha noxenta anguria crónica.

A esfera de medir o tempo, faise máis curta. Teño razóns suficientes para escachala, sen embargo, teño tanta curiosidade...

Tanta por saber que respostas quedan por dar, que resolucións envolverán aos contratos alleos. Tanta, que espero as reaccións dos que hoxe despiden ás meigas, cando mañá  sexan elas as que non os indulten.

Teño ansiedade por ler a e-prensa do 2014: -Resistirá á mirada dos descabezados pola súa escrita,  polos seus silencios? Teño desespero por coñecer se os verdugos de hoxe, serán os mutilados de mañá.

-Si o serei eu. Verdugo, digo.

Non a tes ti tamén? Mantente esperta, miña nena... que aínda hai contos que escoitar...