Seica nos saíu un herpes. Anda a proer, e por iso se revolven as filas do painoso.
Parabéns á vacina.
Desconfiamos -tampouco é que sexa novo-, os galegos e as galegas.
Andamos iluminados, iluminadas as galegas, os galegos.
Parabén aos crentes.
A beladurminte saíulle un herpes -ou dous.
Ben-aventurados os que esperan,
a súa espera será compensada.
Teño unha quentura -e a min non me bica nin a cincenta.
Parabéns ao príncipe que consiga bicala.
Heroes nosos, políticos vosos, un voto por un prato de grelos.
Ides cambiar o curso do Miño?
Espérovos no Sarela, entre Rebordaos e Santiago
-para non cansar, máis nada.
*Un blues aos que faleceron en Amio´s city,
outro, aos que rexurdiron.
E a os que nacen, un vals.
Parabéns, en calquera caso,
a todos e a algunhas.