O soño de Herodes


25/12/2010
-Son Herodes e rabeo por arrincarlle a cabeza a todos os mesías que ouvean tras as miñas costas...
-Que falas?
-Se es capaz de esperar uns días, cóntocho...

27/12/2010
-Pero, que hostias?
-Ola!
-Que pasou onte?
-Nada home, cousas miñas
-E unha merda!
-Mañá, que agora teño presa

28/12/2010
-Home, tas aquí
-Jaja, estou
-Non me tiñas que contar algo?
-Xa cho dixen, nuns días
-Serás filladeputa!
-Algunhas veces sono, pero esta historia, hache encantar verás -sorrindo- Vémonos!
-Cando ti queiras!

29/12/2010
-Tes tempo?
-Non, pero o fago
-Mellor entón, deixámolo para mañá

1/01/2011
-Podes vir?
-Si o, pero que pasou? menuda cara!
-Imos a casa de María
-E logo? Precisamente eu tiña que falar con ela
-Pois non vai poder ser -violentada-, colgouse esta noite
-Xesús, que fixo?
-Parece que estaba preñada, demo de muller! -alporizada-, e non se lle ocorreu outra cousa que parir pola sua conta e deixar o neno diante do mosteiro...

6/01/2011
-Ola, que che ocorre?
-Vai mirar o nicho!
E cara aló foron media ducia de homes de Rabo de Galo e de Cabeza de vaca, para ler o que a María encargara a funeraria facía uns días:
"-Bos reis, papaíño"