365 días



-Visto así as cousas teñen outra cor
-E logo?
-A nena que botou a perder un negocio
-Explícate carallo!
-Cousas nosas

Xa estamos coma sempre.

-Vas vir a aldea este finde?
-Non creo, por?
-Porque nos si
-Bueno, pois eu supoño que terei que terminar o do Lolo
-E porque non o deixas para máis adiante?
-Porque quero rematalo xa
-Ides chamar ao Xinés?
-Non sei, a verdade e que nin o pensara

Como non pensaras en min.

-Ides levar bañador?
-Poida, non che sei
-Por que non ves?
-Xa cho dixen, avisarades antes

Que merda vos deu por ir este venres.

-Vai vir a Ainhoa
-Qué ben
-E o Xerardo, e o Paco
-E cando os avisaches?
-Xa o falaramos, cando o partido do Celta

Claro.

-Entón, seguro que non ves
-Xa cho dixen
-Qué pena

Non tanta.

-Si, pasadomañá as 16:30
-Con quen falas?
-Coa Aurora
-E logo tamén vai
-Si, non cho dixen?

Non capullo.

-Pregunta que se ti tamén ves?
-Xa che dixen... bueno, non sei...
-Anda ven -cara el-, estao a pensar-cara o móbil
-Dígocho mañá
-Vai vir

Claro que vou! Hai 365 días para seguir co que estamos tódolos días, pero nun bisiesto, hai un día para entender porque seguimos estando sos.
-Verdade, meu amor?
-Dicías?