Lobbies-homes

Rodas grandes, unhas tras outras. Hai folga? O agro ven de Congreso a Compostela. Están todos os pubs cheos. Mulleres poucas, quedaron na casa. Traballando.

Un par de días despois de vinte anos da nosa señora a Constitución, e non sei canto do Estatuto (calqueira dos dous), van de festa, e non é polo San Benito. A comida, regular, o marisco estaba bo, pero a carne, podía estar mellor. Queres un paquete de leite? É gratis. Polo mesmo prezo nolo mercan.
O punto morto, a viabilidade, o PIB, as cooperativas...
-Imos?
-Imos
Quedou boa tarde a pesar do frío.
-A San Marcos
-Vale
-Pode recollernos nunha hora?
-Sí, 12,50
-Pago eu
-Non eu
-Estate quieto rapaz!
-Se houbera algún problema chamen a este número
-Gracias
O global, a temporalidade, o imposto, a loxística...
Lobbies, homes; lobishomes... Morra o dumping!
PD: San Marcos: Un de tantos lugares de lecer esparellados polas estradas do noso país. Lumieiras arquitectónicas que fan máis fermosa (se cabe) a nosa natura...