Mrs. Dalloway

Noite feminina. Media ducia de mulleres e non é broma, cada unha dun estilo, bueno mellor dito cada dúas. Pepa e Alicia queren festa de mulleres, claro como a elas é o que lles gusta. A Yolanda e a Carme vaille de todo. E a min e a Nerea impórtanos un carallo a noite dos chochos, con perdón. Pero despois da cea e un cubo de licor café entenderedes que a quen lle metamos a lingua importa menos.

Tres da mañá:

-Ven bailar
-Non me apetece, tou cansa
-Imos?
-A Pepa e a Yolanda, menuda chea
-Xa

Beber sen ter sede é peor que ter fame e non ter qué comer. Se dubidades, a experimentalo.

-Saimos
-(Non)-movendo a cabeza
-(Ven)-coa cabeza
-(Non)

O pulgar nos meus beizos,
-(Non)
a man na cintura,
-(Non)
o seu cabelo acariciando o meu pescozo,
-(Non)

Joer, xa está.

-Ímonos
-Se ti queres
-(Ímonos!!!)

Camiñemos despaciño: Eu atopei a miña serea, mercoume o sexo con licor café e é que...

... tiran máis dúas tetas que dúas carretas.