O Antón colleu o coitelo para cravalo entre o lombo e as costelas. O porco deixábase facer. Luísa esperaba:
—Delgadiños
O carniceiro envolveu a carne:
—Doce con trinta
A muller colleu os cartos e baleiroullos nas mans:
—A volta
Mentres as moedas caían entre os dedos, o seu estómago e o corazón da clienta comezaron a derreterse ata vomitarse entre as pernas.