Logo de botarlle a lingua ao compañeiro da terceira fila, a mestra turroulle da orella e mandouno axeonllarse fronte a lousa. A muller despois duns dez minutos, mandouno volver a súa mesa:
—Aprendiches que iso non se pode facer, Antón?
—Pode pero, a vostede, quen lle ensina?