XXXV

Lara entra no híper. Camiña despaciño entre as froitas e as verduras. Olla as neveiras dos xeados e iogures. Pasea en zigzag polo corredor de "hoxe toca" deportes de inverno e tuppers de cores. Nunha das góndolas do medio, detrás dos viños, outros alcoles e leites; mira para os biscoitos, as galletas e os chocolates. Volve atrás, cara os pans e boliños precociñados, pasando por diante das conservas e salsas. Enfrías as mans nas galerías de peixes e carnes envasadas. Entón, saca o móbil, decátase de que é tarde. Regresa ao principio e colle unha cabaciña laranxa. Xa na caixa, engade a compra, unha orquídea a cinco noventa e nove.