XII

 Lalo espirrou ollando á fiestra. Cando a Sabela viu o chuspe nos cristais, atufouse e botouno fóra. O neno sentiu que se lle metía o frío no pito. Meteu as mans no calzón e comezou a mexer nas carnes. A avoa ao velo correu a turrarlle das orellas, mentres se persignaba.