A maioría das veces, a avoa queixábase da curmá...
—Sempre facendo mal... Tornándolle a auga aos outros cando era miña, ou apañando pra eles... Todo en contra de nós,...
—Xa...
Unha tarde despois, recén saídos do cabo de ano da vella, ollo ao castiñeiro, que se mercou antes de morrer. Aí anda, así espido...
—Máis de trinta euros paguei por el...
E é que a herdeira decidiu que precisaba de espetarlle sendos enxertos, nas súas dúas únicas polas...
—Avoa, a cadaquén lle toca, quen lle toca... Que non falta quen lle rebola no seu...
Pola cabeza abanea un pensamento.
—Boa razón ten o quen fuxe das compañas que aforcan e, quen para respirar, merca outro horto onde sementar...
Boas noites, monequiña... Ata vernos, pequeniña...