Un domingo que viu pasear ó escribidor xunto o río, pensou:
Se me levo a súa sombra, ninguén vai recear de min
E en catro pasiños meteuse entre as súas pernas, enganchouna o seu pescozo e botou a correr. Logo, o señor Andersen enfermou:
-Que lle pasa? -preguntáronlle
-Síntome so
E
nos días seguintes, a febre non lle deixou falar con ninguén máis.
Namentres, o animal entrou nos galiñeiros, confiando cada vez máis;
porque a sombra era moito máis grande que ela:
-Que fas?
-Que susto me deches!
-Que estás a facer?
-Cocendo pan. E ti?
-Ando a roubar galiñas
A moza mirouno e riu, e ofreceulle café con dous anacos de torta de mazá:
-De verdade, ando a roubar a galiñas
-E como son?
-Espero que grandes, morro de fame!
E así falaban ata que sentiron berrar na rúa:
-O carteiro… Desculpe, pero téñoo que deixar
-Claro
-Vai volver a continua-lo conto? -espetoulle
Entón, marchou cara o monte enfadada… a sombra coa cea e a raposa, sen ela.
Aira das Letras, 2013