Sucumbiu nos novecentos segundos... Pero, que pasou?
Víronse no de Xan, supoño que paparon unhas racións e riron un pouco. Logo saíron cara o Meiga e alí beberon unha de ronconcola e dúas de ginconlimón. Desfixéronse en verbas agarimosas e algunha que outra picada.
Víchelos? Como agora mesmiño te estou vendo a ti...
El lambendo nela, nas dedas, nos xeonllos. Ela bicándoo, no embigo, nos peitos. Aloumiñando o corazón do seu sexo. Espremendo a súa lingua. Xogando no incorrecto, no interregno da almofada.
El atopou o seu nariz, o que uliu a carne do seu pai cando a abrazaba. A muller a súa boca, a que mastigou as torradas de ovo e azucre da tía Matilde. Comíanse os dous como cans da mesma nai, pelexando pola carraxe do outro. E falábanse nos borboriños e nos silencios, na linguaxe da derme. Collidos ámbolos dous polas pernas codificáronse e fermentaron en sentimentos suicidas. Fixeron o trato de emprestarse un o outro e coidaron de mancarse o xustiño. Un levou unha mazadura no cu, outro o lombo arrabuñado.
E logo marcharon. Un á casa dos pais, o outro ó piso alugado no barrio do Carme. Un para sempre, outro até os soños.