Leio

Devezo por ler a próxima merda que vas escribir. Polo encontro coa reiteración, pola retranca esbrancuxada, polo vitimario baballón. Por ver como lle pides ós que gozas como amigos que voten por ti para gañar unha noite de hotel e á muller - ou home- que se empreste a si mesma por un momento gratuíto.

Entendo que este é un país cos heroes cambiados, que se visibilizan nun podio entrampado. E busco oco nunha nova literatura fermosa en forma e contido, ademais e sobre todo, honesta.