Epístola

Grazas ó soldado por me emprestar un lápis, un papel e, tres minutos para escribir que:
cando estean a afogar as voces que saen do voso corpo, lles berredes:
-Ben feito foi!

Para que nas ecolalias dos verdugos, vos respondan:
-Foi, foi, foi

E a Historia entón,  poida contar unha verdade...