Se hai algo que lle produce arrepíos o Carlos son as miradas dos mortos. E se son dun neno, máis. Dunha vez tivo diante eses olliños dos que nin queren nin poden mirar a ninguén. Logo diso, a súa muller Eulalia pasouno fatal durante meses por medo a que a afogase mentres durmían -como llo contou a Carmela, tres anos despois.
A casa de Fábrica xunto a igrexa de Cabeza de Vaca, xa era a Escola e todos agás os de Rabo de Galo, pasaban parte da súa nenez naquel cuarto mediocheo de pupitres, cadeiras, lápices, mapas, cadernos e libros vellos. Foi nese lugar, case a mediados de século -polo mes de abril máis ou menos-, cando aconteceu o que segue e que tan mal recordo deixou no Carlos:
Don Antón sempre pensou que contara ben, que os once nenos andaban a correr -durante o recreo-, no Campo da Festa. Dende unha das fiestras vía como a Neliña e a Sara estaban a roubarlle as flores o tío Elías -as que lle trouxeran polo seu cabodano- e, o Lisboao facíaas rabexar, chuspindo por riba das súas cabezas.
Porcos!
Regresando os nenos, o mestre viu que cando se achegou Concha o seu sitio, Xaquín lle explicou que alí se sentara un que o matara o Foucellas por traidor. A Sariña díxolle que non lle fixera caso, que era na de Xosé. O irmán -que os escoitou-, pensou en contarllo o Xosé pero botouse atrás, non fose que acabase el nela. Tes lume? suspiroulle a Sabela ó Demetrio, aínda de camiño, debaixo da Carballeira. A Lola -que entraba pola porta-, acendeuse e comezou a berrar ó Pablo esixíndolle que lle devolvera o lapis.
Silencio!
Xaquín subiu á lousa con pouco ánimo e tentou sen éxito dividir cento noventa e oito entre nove. Sabela axudouno un pouquiño e don Antón mandouna de cara a parede cos brazos en cruz. Demetrio e Xaquín, recolleron os cadernos de todos e o irmán de Xosé e Concha repartiron os libros. Un para cada dous. E foi entón cando o mestre se deu conta.
Faltaba o fillo do canteiro...
Primeiro berraron por el. Armaron tal barullo que a nai de Concha chamou pola do Demetrio e preguntoulle que pasaba na escola. Como ningunha o sabía, achegáronse. Un dos nenos fuxira. Ou iso é o que dicía o fillo de Lola. O pai de Xosé saíu detrás do de Demetrio. Esperemos que non se lle ocorrese ir o Enganido... E media ducia de nais varreron os campos do Lameiro e do Rial, mentres outras catro foron cara o Souto. Os pais do Lisboao aproveitaron para preguntar o mestre polo seu rapaz e a da Sabela rifoulles por iso. Non é o momento... Entón viron como o Serafín corría co Carabineiro, cara a porta da Pena. A Afonso, que era en realidade garda civil, parecíalle mal que lle dixeran o Carabineiro pero por moito que os ameazase con visitas ó cuartel, nin uns nin outros lle facían caso. Algúns dicían del que era bo mozo, aínda que algo teimudo, sobre todo coa Francisca. Obsesionado -seguían a contar-, dende que lle fixera un fillo e llo dera os do Casal de Bispo para que o criaran.
Papae!
O sobriño do Serafín colleu ó seu curmán e empurrou ó mestre contra o valado do cemiterio. Camiño abaixo as pedras mancaban na planta dos pes, apenas quedaba un fiíño de coiro nos zapatos da Neliña e o papá -que se deu conta- subiuna no colo.
Atrás!
Tarde. Os dez nenos, as nais, algún pai, un mestre e un carabineiro escoitaron á muller maldicir ó ceo e ó inferno e a tódolos mortos da familia de todos eles.
Tardaron unhas horas en dar con Carlos e, para cando chegou, xa viñera o médico. Vaille preguntar se precisa de algo, e se lle fai de noite, dille que pode durmir na nosa casa.
Necesitou. Sobre todo de que o Carlos vixiase de que ninguén entrase na Casa da Escola ata que el o dixese.
Carlos! Si? Pódesme traer outro barreño de auga.
Estaba todo revolto... todo agás os aparatos do Ramiro. Xuntaron catro mesas, estenderon unha sabiña -que lles dera a súa muller-, e por riba pousaron ó neno. Fasme un favor? O médico pediulle que collera un xiz e pintase na lousa dous homiños nus, un de cara e outro de cu. Non sei, non sei... Murmurou mentres o Ramiro inspeccionaba o lombo e a barriga. Anota: tres puntos a esquerda do peito dereito, dous por riba do embigo e cinco na nádega, na dereita tamén. Onde? No debuxo! O Carlos fixo a súa maneira o que lle ordenou o doutor. Preto do medio día polo sol, acercouse á cabeza do pequerrecho. Ergueuse, seguiu mirando e calou durante un anaco. Carlos estaba canso e quería marchar.
Achégate e mira para aquí. Dan medo... O que? Os ollos
Que pouco lle apetecía o Carlos...
Un pouco. Parecen os dun diañoanano...
Escoitou o pai dende a porta.
Parecían.