Un cóbado rebenta no meu lombo. Este varón quere ensinarme - di-, que novas liberdades. E eu atópome -algo así-, como no ano sesenta e oito de finais do século pasado. Alcol, maría e sexo: enchidas están as caralla´s sensualités de aperturas non máis alá da miña entreperna.
-Perdes o tempo
-(A vida é unha, e a vellez acurta)
-Arrisca, non o penses. Carpe diem...
Aproveitar que? Forzado o clítoris, afogada a sensualidade, sen xogos demasiado longos -non vaia ser que, co aburrimento, frustremos a espera-, vou ao emparellamento -sexa este para a eternidade ou de duración limitada-, sen demasiado esforzo. Despois de todo que máis dá un varredor que un cirurxián, o que importa é que a teña ben feitiña.
-Veña, tes algún problema?
-(Que vou ter, imbécil!)
A cuestión deriva nun acordo transversal: ti empréstasme o corpo e eu, o burato. Humidades aparte.