Nada mellor
no solpor deste verán
que unha limpeza de epiderme
e de enganarse non parar
De volta unha alegoría
no xerme da nosa política
e aloumiños de retranca
no xogo desta barralla
Servidos estamos
de inmellorables paixóns
uns co dominó
e outros co tutecabrón
no xogo desta barralla
Servidos estamos
de inmellorables paixóns
uns co dominó
e outros co tutecabrón
*Sorte a tod@s @s que -nestes días, as carreiras-
andaron a configurar o universo público