Mamita


-Non respondas a miña pregunta, non o fagas, porque se o fas vou chorar. Disque son persoa de camiños rectos, ríxida como o pensamento social -o das maiorías e o das outras-, de visión obtusa e coa emotividade na conciencia das miñas vísceras.

-Mamita, hoxe, sinto ademais, a angueira de ser un monstro a resultas da pouca valía da miña intelixencia emocional. As cousas no meu fogar rompen, as plantas morren, as mascotas enferman.

-Despois de darlle moitas voltas, reflexiono sobre o anaco de terra de onde son: 
se llo imos a vender aos americanos a cambio dun burgerking,
se lle imos a regalar o noso ceo,
polo menos non entreguemos a nosa alma

Miña nena, has saber que non canto pola miña terra,
rezo por min