The family


-A quen votaches abuela?
-Pois verás

Carme fai un silencio como para tomar impulso e de paso que os demais vaian calando.

-O Luís é primocarnal do teu avó
-E ese, quen é, o alcalde?
-Non estaba cos de antes, nunca foi alcalde
-Quen, o benegá?
-Si -responde a curmá María -, non fixo nada
-O Carlos é fillo do Ramiro, primocarnal meu
-E que tal foi o Luís, abuela?
-Non fixo nada por nós, remexía en todo pero nada
-É o da funeraria -aclara María
-Eses están agora?
-O Carlos? Si, agora está o pesoe -unha pausa-. E o Antonio que é un sobriño, fillo da Aurora
-Do pepé?
-Si- volveu responder a curmá
-Así que... non votei a ninguén!
-Pero cal é mellor?
-E que mais da...