Escabeche real


Serpeo pola vida coma unha cobra que espera non atoparse coa súa parella ideal... para que non morra o conto, máis que nada...

Nos tempos que xa non corren -senón que andan en paralelo-, eu, a Balteira, teño gañas de foder nas mentiras e queixas dos que me choran entre as pernas. E é que se me recoñeces entre as túas sabas e se che ocorre que, ademais de follar, teño que lamber as túas feridas, neste intre, imaxina o camiño dos ouriños:

-Que si ti tes que mexar sentado, non é porque sexas muller...