Na volta do Castro, a dous kilómetros de Cabeza de Vaca, vive a muller do Ramón, cos seus dous nenos, de tres e catro anos, a súa sogra de setenta e tres e o seu marido, de corenta e oito.
Os cinco ían sair cara Vigo o día do cumpreanos de Lola. Ía moi temprano, sobre as 7:30 da mañá, cando xa andaba o Ramón a meter os flotadores, as toallas e a tortilla no maleteiro. A Lola, pola súa banda, estaba a pelexar cos nenos e a súa sogra, mentres almorzaban.
E por fin colleron a estrada cara Samil. Un par de horas despois estaban ben colocadiños na area, o home durmindo, a nai del paseando preto da auga, vixiando, como non, aos nenos, e a Lola acomodando a parceliña coma se fose o seu salón-comedor.
De súpeto, a Lola ponse a chorar. O seu marido tardou 8 minutos en darse de conta, pero por fín abriu primeiro un dos ollos, como con medo, e logo achegouse a ela.
-Miña ruliña, que ocorre?
-Deixame!
-Pero Loliña, que che pasa?
-Hoxe, que día é?
-Sábado
-Ti es parvo!
-Pero, non é sábado?
-(¡?)
-Ah, é 7, non 8, 8 de agosto
-(¿!)
-Vaia
-(...)
-Dame un biquiño, anda
-Vaite a merda!
Entón ergueuse, enxugou as bágoas e foixe cos seus corenta e catro anos cara o posto dos xelados. A Lola encántalle os xelados, e de todos os que máis, os de fresa. Ía coller o seu, cando os pequenos xa voaran, dende a auga ata onda ela.
-Mamá, quero un
-Mamá, o de chocolate
Impensable dicirlles que aínda non comeran, mentres relamía o seu.
-Vale pero entón, non podedes entrar na auga ata dentro dun ratiño
-Oh
-Vale
-Dous cucuruchosdechocolate
Deixou os nenos co seu marido, case sen miralo, e foi dar un paseo. Co seu bañador branco e negro, foi camiñando cara o final do paseo. Logo dun anaco, achegóuselle un rapaz que acababa de aparcar o seu recén estreado 150cabalos.
-Ola
-Ola
-Tes hora?
-As 12 e cuarto
-Como te chamas?
-Lola
-Es de Vigo?
-Non, de Rabo de Galo
-Tes lume?
-Non
-Queres?
-Non fumo, gracias
A Lola non daba creto, un raparigo andaba a facerlle as veiras.
-Traballas?
-Non-si, son encargada de vendas -mentira
-É gustache o teu traballo?
-Moito (si do que máis gosto é de pasalo ferro)
-Estás casada?
-N-non
-Eu estou estudando Mecánica aquí en Vigo, quería estudar Electricidade pero ao final...
-Igual cando termines...
-Cando termine quero traballar no taller do Lois, un curmán dun amigo
-Queres tomar algo?
-Non-Sí
Sorríu. Pensou: Pero que guapo é!
-Aquí?
-Sí
-Dache moito o sol?
E así estiveron a falar durante case dúas horas. A Lola non se deu conta do tempo, nin que cara eles, se achegaba o seu marido.
-Lola!
Logo do susto, viroulle a cara a vermello,...
-Téñome que ir, o meu irmán...veu cos seus fillos e a súa nai. É viúvo, sabes?
-Lola, non comemos?
-Vou, xa vou- malhumorada- chao
-Chao
Despois de dar de comer aos nenos, deitouse sobre a toalla e deixouse levar por Morfeo:
"-Onde andabas?
-Na oficiña
-Imos? Merquei unha nova moto, gústache?"
Espertou coas babas do seu marido nos beizos. Estaba a bicala cando lle preguntou:
-En que pensas?
-En tí se foses viúvo
-Estás enfadada?
-Sí-non
-Quen era o rapaz?
-Cal?
-O da cafetería
-Ah, ese, o-o-o fii-llo dunha do colexio dos nenos
Mentres recollían as cousas e as metían de calqueira maneira no coche, incluidos os nenos e a sogra, a muller de Ramón aínda vía o sorriso do rapaz.
-Vaia regalo de cumpreanos -pensouno en alto
-Segues enfadada? -escoitouno o Ramón
-Ei, non-sí
Ao día seguinte mercoulle unha blusa na tenda da Mercedes, que a Lola cambiou, despois de rifar co seu home, por dous pares de medias e un calzón.
*Imaxe de Samil?