A irmá pequena da maría rula coma o alcohol... Negrita empapando as gorxas, canutos resecándoas. Detrás de min hai unha rapaza á que vexo de vez en cando. É preciosa... Está preciosa...
-Ola ti es de Vigo, non?-eu, Anxo
-Si- ela
-Eu tamén- o mesmo
-Seino, de vez en cando te vexo no Aturuxo
-Si, algunha vez vou... Estanche a gustar...?
-Algún si, aínda que eu veño polo Topo*
-Ola ti es de Vigo, non?-eu, Anxo
-Si- ela
-Eu tamén- o mesmo
-Seino, de vez en cando te vexo no Aturuxo
-Si, algunha vez vou... Estanche a gustar...?
-Algún si, aínda que eu veño polo Topo*
-(Que horror!)
-Bueno, verémonos...
-Supoño...
De todo o "camping" foime tocar a carón da tenda do Mario. Mercárona entre os catro, Andrés, Xoán, Xurxo e Mario... Un hotel barato para un "caniguey festivaleiro":
-Bueno, verémonos...
-Supoño...
De todo o "camping" foime tocar a carón da tenda do Mario. Mercárona entre os catro, Andrés, Xoán, Xurxo e Mario... Un hotel barato para un "caniguey festivaleiro":
-Aaaa, ai,ai,aai- ela
-(Joer)-eu
-Ai,ai,ai, aaa..aaaaa-ela
-Jroo,roo, jggjgggu-meu compañeiro
-Fffff-o Mario
-Ai, aaaaa, ai- ela
-(Hostia)- xa sabedes
-Jroo,roo, jggjgggu- outro!
-Jiji, jeje- unha tenda veciña
Saio votar un pitillo. O Andrés e o Xoán andan a esperar que o Mario termine. O corpo do Xoán, retorto como a estrada que sube a Candás*, tenta durmir. O Andrés apuntouse a festa dos de Asturias. "Aaai " sae da tenda.
-(Deus, qué non me vexa!)
-Eii, gitano, qué fas?-o Mario
-(Foderme)
-Ola- "Aaai"
-(Merda, viume), ola
E alá se foron, da man, como se fose pá sempre...
-Ola-"Aaai"
-Ola-o de sempre
-Lémbraste de min?
-Si (de sobra), en Vilagarcía, non?
-Jajaja
-A amiga do Mario
-???
-O Mario, Xoán, Andrés...
-Aah... Tanto como amiga... o vexo algunha vez. Xa non vas polo Aturuxo?
-Non, os meus colegas (eu) non queren (quero) ir. Raro verte por aquí.
-Nunca veño, pero estou cunhas amigas nun cumpre e a unha delas gústalle... Ti ves moito?
-Case sempre.
-Bueno "Anxo" vémonos, téñome que ir. E vente máis polo Aturuxo, vótaseche de menos...
-???!!!
Para o próximo Festival levo uns tapóns para os oídos, que...
os amores platónicos tamén cantan (foden)!
*Topo: Grupo musical do malchamado estilo indie
*Candás (Rairiz de Veiga, Ourense): Dende o alto da gusto ver a Limia (Xinzo)