A despedida

Mulleres con gañas de asedio. Berta sae ao esceario. Un pano da mesa enfundado nos seus ollos. Está tirada no chan. Ducias de ollos observando. Gominolas polo corpo. Suben un pouquiño a camiseta.

-Non!!

-Déixate facer...

A boca del está preto da súa. Podería bicalo. Moitos ollos. Non o bica. Baixa ao pescozo.

-Coidado -baixiño, ao oído.


Vai polo embigo. Sente cóxegas. As mans arrabuñan o chan. A súa perna quere marchar. A derrareira gominola. Dun salto érguese. El tamén quita o pano e lle di:


-Recoñecinte polo perfume- baixiño, ao oído.

Un sentimento romántico máis alá do intercambio comercial.