XXXIV

O Domingo vestíase sentado na dereita da cama. Cando entrou o neno no cuarto, estaba en camiseta e cirola e, andaba a calzar as babuchas.  O Sandro mirou ao home que saía a vender lotería na rúa e antes de darlle o recado da súa muller, quedouse pegado ás cuncas de tona que agochaba baixo as pálpebras. O Domingo que o sentía  respirar, faloulle:

Anda rapaz, tráeme os lentes que non vexo!