Gaia

Tranquila, a TeRRa non ha morrer. Igual permuta o nome, o aceno, o aquel... Que sei... Mais ao cadaleito, xúrocho por deus, que non vai. Ti máis eu, imos ir.

Polo que, pérdelo tempo no enloitármonos, porque, eLa ha quedar mentres non deixan de podrecer as carraxes de entre-ámbolos dous.  E niso, has adoecer nos acordes da lexionaria paixón dos que, esquecen o valor de debuxar graos de area a carón da túa ribeira, rebentando a servidume herdada.


Ao fin meu, o camiño empregarano as que o coñezan, e os que non, hano varrer cimentando aló onde lles convén. Ou no que cadre, que as paisaxes están vivas e, se remoen sen podelas apuntalar.

Don Manuel avisou. Trabucouse no de que ía morrer no PaZo. Calculou mal:

    que botar unha soneca no ateneo do PaRLadOIRO, non é como soñar... Nin tan sequera coas horas axustadas ao seu caxato... uns pasiños adiantado aos gardacostas. Eses que te agochan a mochila no purgatorio, e espétanlle un "eu teño tarxeta vip" a sanpedro, e todo,  no que sostén  unha e atrás outra, eximentes...


Boas noites, Vilalba, que che preste a noite.