Ladra

A parruliña arrefriouse no portal do Carneiro... Moi cedo para ir nadar e, por riba, case que a pilla o gato.. Mecaghina... se non fose polo chío da rula, agora mesmiño estaría de viaxe entre o bandullo e as tripas do veciño da anduriña. E iso, que case non se escoitaba con estrondo das bombas do Carme. Que toliñas están as nenas, que non fan máis que berrar diante daquel can, o que acompaña ao castrón vello e ás dúas ovellas, a negra empreñada e a raquítica branca.

Boh', o caso e que a parruliña enfermou e non hai cartos para unha mantiña, nin xarope para a tuse. Vai a parrula correndo, leva no peteiro moedas, das que agocha o muiñeiro no seu pandeiro.