Chacina

Conteiche o conto que conta a historia de alguén que se perdeu entre as súas proprias verbas e que difundiuse no alén do si mesma. Descontadas as primeiras reproduccións dos pensamentos, sorprendía o número de veces nas que se escoitaba. Nada había máis que lle gustase.

Envolvida no pano azul e castaño, alumeaba con ollos de cadeliña inqueda. Brillábanlle os pensamentos entre os marfís da boca e a perla dos pendentes. Parecía que andaban  a fuxir ó tempo que quedaban, no espazo infinito do aquí e o agora. A punto de asubiar cos beizos cereixa, unha inquedanza ou, de agochala, tremando na blusiña  branca, baixo o abrigo.

Suprimida nos sentimentos dos xestos e somatizada perdendo os máis importantes, así que neses momentos so quedaban dous. E estes por si sos, combinaban mal. Viraban as costas e mostraban o cú, respondendo moitas das veces, ao desexo de emprestarse aínda que só sexa un anaco. Para pervertir os espazos comúns entre falsos liños e rasos apagados é o froito común da separación de cada unha das liñas das súas múltiples idades:


-Vou vella, - espetoume por fin- teño competencias impropias

E morreu a carón de si.