-Mamá! -berrou mentres a chuspía,
-Que te cepilles os dentes! - repetía arrastrándoo polo cabelo até o lavabo- e quedas sen tele!

As couces na porta martelaban na cabeza da muller até que sonou un estrondo:
-Puta!
-Que dixeches?

Entón agarrouno pola camiseta do pixama, abríu o grifo da bañeira e alí  cara baixo, mentres o neno choraba:
-Vas facer o que se che manda!

Logo recolleuse no cuarto e deixouse guiar polos soños:

Querería rebentarlle a cabeza ao fillo de puta