A mamae tiña o costume de non parar en ningures:-Non saques nada... Repetía, en cada unha das cociñas da parroquia, onde, coma nun salto de parchís, corríamolo segundo ou terceiro café, -Hoxe non vou durmir, pouquiño, bota pouquiño, non tanto... E partía pola metade, o anaco de bica.

Cando, por fin fixen o paseo soa, había menos paradas de vivos e máis de pedra e osos. Cambiaba entón, o café por xantares. Correspondendo cadanseu ao da casa da avoa de Verea, da dos tíos de Rairiz, e se cadra ainda subía, onde os outros... Logo por fin, pasadas as tres da tarde, coa nai anoxada... sorbía o meu terceiro guiso, empapado no pan de Sandiás. Todo iso facía, por non dicires que non, nin aos cariños, nin ás carraxes...