Cliffhanger

Non é novo o  de falar dos significados universais da violencia, onde os compartimentos das non tan diversas realidades, vexetais e animais, déixanse escandalizar para emprehender camiños iniciáticos nun amplo abano de posibilidades.

A súa concepción ten cores aborixes e cómodos atavíos afeitos, tanto ao espírito como as raíces da vide no arrincar terreo ás crianzas empastadas nas estacas das acacias, formalmente escoradas nun perfil menos kantiano. Se de sufrir se trata, é mellor concretar as sociopatías e, deixalas en depósito no reservorio da especie. A-de-ene agochado nos empréstitos mutuos fraternohomicidas.

ODIO... e,
non arrepío.

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena