INSIDER-TRADING

O escornabois pensa na merda recollida pola veciña xoaniña... Levoulle menos tempo que a el, facer un molete tamaño a de Sísifo e aínda tivo para regustar o seu logro diante do campamento dos Zapatóns, alá no río. Coitado, pensarán de min, rabiou o bicho co seu boliño entre as patas apurando o camiño pola sombra.

Sabe o animal que si chovese, aquela pelota non ía durar máis que o fósforo do vagalume nunha noite de festa. Mais que lle imos facer se non podemos cociñar a encarga a tempo... Resolvemos rematar  unilateralmente co contrato? Ai, se se puidese, non si?

 No xornal as predicións aparecen en cores, será que vai facer bo? Pregúntase perdido entre os xeroglíficos.

-Vai. Soñou na sesta daquela tarde.

Así que ao espertar botou a correr cara o pastel da maruxiña e, empurrouno.

-Que fas?
Berroulle ela, mentres ámbolos dous vían como o traballo da compañeira se afundía na auga fría.
-Rebelarme