Diacronos

Coido que os pobos perden excelencia no que te achegas ás súas elites, cando estas se ispen nun principio de século, cruel e vulgar. Os caracois deixan que se lles rompa a cortiza e que se lles vexa a brandura baballoeira e, multiplícanse tan lentamente como viven a súa curta existencia. Os heroes non dan a talla e pérdense en metáforas ordinarias que dignifican as dificultades humanas para camiñar no desenvolvemento das transcricións históricas de cadaquén. 

Detrás de tódolos viños espumosos, xoves ou de crianza, hai un espírito de autoengano das comunidades sobre si mesmas. Un continuum sufrir pola perda e na autolise, alén do interior das fronteiras. Entre o que se dispón nas liñas lexislativas e nos himnos, técense ás de vidro que chospen caldeiros cheos de cerimonias que monopolizan os discursos deliñados en coutas de xénero, de tradición ou de ouro saudí de vacacións polo Mediterráneo.

Morridos os acenos e transformada a linguaxe en verbas groseiramente declinadas, non queda espazo para o pensamento, si para rexoubas incontinentes que ameazan aos próximos e así mesmos.

E mentres tanto, eu sigo aquí, tentando achar... para que demo sirve a miña pel.

*Boas noites, cerebro.