Envío (de aninovo)

"A ti Gabriel Aresti, palabra bascongada,
confío esa Galicia ahí emigrada.

Que teño a espranza por norte.
A ti, Gabriel Aresti, pedra e canto,
confío esa Galicia: loito e pranto.

Que teño a espranza por norte. 
A tí, Gabriel Aresti, lume e máis amor,
confío ese pobo meu traballador.

Que teño a espranza por norte. 
A tí, Gabriel Aresti e o pobo bascongado
confío o pobo meu, ahí emigrado.

Que teño a espranza por norte. 
A tí, Gabriel Aresti, na branca escuma mareira,
mándoche un cantar, que di testa maneira:

¡Con boa ou cativa sorte 
eu teño a espranza por norte!" 

Nondik ere datorren geroa
Itxaropena da gure hegoa.


De Manuel María (2016, Letras Galegas) a Gabriel Aresti (2015, vai 40 anos)


Esanen dute
hau
poesia
eztela,
baina nik
esanen diet
poesia
mailu bat
dela.

G. A.

TERRA DA FRATERNIDADE: Homenaxe a Zeca Afonso (nota: comeza no minuto 28)

Loading...
E dixo:

-A unidade emotiva consíguese no conto pola ousesión do que ten de sobrevivir
-O remate ha de te-la virtú de faguer simultáneas no esprito as imaxes que foron sucesivas
-A presenza do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato
-O remate é unha imaxe que fai estoupalo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente
-O conto é unha pelica na que se sinte o pulso dunha imaxe contida
-O conto é o remuiño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz

O Dieste

-Vai indo, non si?

A Nena