PDCG


A educación inculcada, non me deixa dubidar das boas intencións no inicio, da Lei 7/1996 de desenvolvemento comarcal. Pero desgraciadamente, é sabido que máis cedo que tarde, se converteu nunha burbulla máis, alimentada polos fondos europeos e devezos das distintas familias de "politólogos", e outra animalia, coas que foi casando o noso finado vilalbés.

Por moitas teses que se fagan, as filias e fobias entre os predadores que residían ao longo do territorio, non terían sido suficientes como para censura-lo feito de teren esquilmado as posibilidades do país para seren un proxecto de futuro, imprescindible para nós e para os que hoxe andan a formar parte da mobilidade exterior.

Malia todo isto, a desventura sería te-la certeza de que nestas alturas, na nosa terra,
 o modelo deste partenariado parasitario non tería cambiado, non si?