Desambigüidades

a cadela xoga cos rotuladores mentres eu deseño a corredoira pola que se debuxan as pegadas das liminalidades que abrollan nas paredes dos encontros coa animal que se engaiola reclúe no cadáver dun vello teatro Híkuli

ela anda collida da correa do crego ás poéticas infinitas que limpas de carrachas deixan a súa semente nos illós que afogou o río ao apagarse na extrema da estación e ouvea no limiar do picouto que suprime os embudes das paisaxes que os que nos regueifan inclúen na súa pastoral

mais non expira cando a obstrución da xugular encolle as cuncas do baldeirado no presebe e se retrousa na graza tabernaria dos que aboian en tódalas angueiras que varreron as posicións daqueles que non concorrendo investiron o seu espazo en sinala-los marcos doutros que empregaron os cantos para que esvarasen as verbas na ecolalia do que aquí me conduce

The end