Utopía


No hábitat da especie animal da que eu estou feita, existe a idea de que os seus membros están construídos en identidades civilizadas que se retorcen unhas nas outras. As clasificacións evolutivas entenden que a intromisión nos ecosistemas altera as comunidades preexistentes en itinerarios transformadores, nos que parte dos seus individuos, perden.

A diversidade podería ser, a priori, fortaleza, sen embargo a existencia de pobos sospeitosamente homoxéneos como os que conforman as laudeadas terras bálticas e máis abaixo, me fan pensar que a realidade virtual na que Europa decrece é un lugar de conforto, no que o benestar resulta ser defendido para si en alianzas perversas de renuncia  a deconstrución de cosmos naturais en pro de artificiosas caricaturas, disque humanoides.

Desta maneira, a virtude dun ecosistema local confúndese coa afinidade e, a confianza íntima nos xenogramas interesados. A dun ecosistema global, por outra banda, pérdese en vínculos patrios que permiten o suicidio, e homicidios, na gran lagoa do Mediterráneo e en cada un dos valados erixidos ao longo do noso planeta, sexan estes, monolitos de análises de risco económico, político, relixioso, cultural... ou de aramio, ao tempo que tamén asasinan, sen escusarse, a diferente fauna no interior dos territorios de seu.

A hipocrisía deste momento está na conciencia de que se nos ve felices, mentres que andamos a xanta-la carne crúa de nós mesmos, a dous ou a corenta euros, en burguers dun único menú.

Só por defendérmonos, nada máis que por iso, todo o demais, borrámolo da existencia.

Os ciclos da Historía é o que teñen...