Down down mamá

-Xa ves, pouco se pode facer con el
-Pero se está moi guapo... e que sorriso ten, non si, Pedro?
-Segue sen falar nada, porque cando veu, si... que el estivo en Amencer até os 18 anos, pero despois...
-Xa... pero agora está moi ben e treméndamente guapo -cara el
-Claro que se falara...
-Xa, vostede coidouno como puido...  Antes era o que había...
-E agora xa non podo... porque mira, estou moi mal dos ósos, cústame subi-las escaleiras, e teño diabetes...
-Pero, foi a mellor decisión e, Pedro está contento, a que si?
-Non, se non fala. Aínda que a nora me dixo será contigo, que comigo...
-Bo, alí hai xente da súa idade e pode facer moitas cousas
-E hainos peor ca el, que bo... o noso ben o ve,... Pero alí hainos que non se poden mover, e iso é outra desgraza...
-E vostede, como anda? Contenta?
-Moito, se non fosen os ósos... que teño que tomar un montón de pastillas... e a dor non ma quitan...
-Alégrome de velos, e a Pedro especialmente que me gustou velo tan guapo e tan ben, a que si Pedro?
-Si
-Vaia, agora falouche...


Bos días, Montevideo